Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Axudámoste

< Todos os temas
Imprimir

Cal é a situación actual do idioma galego?

En Galicia fálanse dúas linguas, o galego (propia do país) e o castelán (xeral de España). Historicamente, o castelán foi a lingua dominante, social e culturalmente, mentres que o galego se viu marxinado. Na actualidade, o galego ten recoñecido o status de lingua oficial de Galicia (tamén o castelán o é), e está introducido no sistema educativo, nos medios de comunicación de masas e na vida pública. A maioría dos habitantes de Galicia teñen o galego como lingua inicial. Tamén é a máis usada na vida cotiá. Con todo, actualmente constátase un alarmante retroceso no uso do galego entre a poboación menor de 15 anos.

Fonte – Consello da Cultura Galega

Table of Contents