A Universidade de Vigo organiza este venres unha xornada que xira ao redor dos videoxogos en galego e a arqueoloxía dixital e con protagonismo, ademais, para o Son Goku da TVG e Dragon Ball Z. O edificio Redeiras, na praza do Berbés, acolle a actividade, que leva por título “Voute preservar, miñoca!”
O Festival Intercéltico do Morrazo celébrase cada ano en Moaña (Pontevedra) dende os seus inicios en 1985 pola Escola de Gaitas Semente Nova. É un festival de música folk e tradicional celta, considerado de Interese Cultural e Comunitario, co fin de promover o folclore galego e as novas tendencias dentro deste xénero