Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Axudámoste

< Todos os temas
Imprimir

Cal é o nivel de desenvolvemento da lingua galega?

Cun brillante pasado literario na Idade Media, o galego quedou reducido a lingua falada durante séculos. No século XIX comezou un brillante cultivo poético, antes da metade do século XX desenvolveuse unha importante produción literaria, e nas últimas décadas pulou unha importante industria editorial (cun promedio de 1.300 títulos novos en galego cada ano), e tamén audiovisual. O galego tamén ten unha notable presenza na rede.

Table of Contents