Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Axudámoste

< Todos os temas
Imprimir

O uso dos pronomes átonos

A orde de colocación dos pronomes é a seguinte:

Primeiro vai o pronome se, logo o pronome de solidariedade, despois o complemento indirecto e por último o complemento directo.

1º: O pronome átono non se debe confundir co pronome tónico.

Vós sabedes que non vos esquezo.

A nós non che nos deu nada

2º: O pronome átono NUNCA pode iniciar frase.

Chameite por teléfono, pero saltou o contestador.

Quedáronme dous xurelos sen vender.

Se na frase hai unha pausa (con coma na escrita ou pausa oral) o pronome debe ir despois do verbo, pois non debe comezar o enunciado:

Axiña, ponte a traballar.

3º: A súa colocación normal é DESPOIS do verbo.

Iguais a eses hainos en calquera sitio.

Xoán chamoute ao móbil varias vaces.

Excepcións

–O pronome átono vai diante do verbo nos seguintes casos:

  • Nas oracións subordinadas: Dille que me chame.
  • Nas oracións interrogativas e exclamativas: ¿Canto che custou?
  • Nas oracións desiderativas: oxalá me chamen para esa película.
  • Nas oracións negativas: Non te coñezo.
  • Cando o verbo vai precedido de certos adverbios: acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén…
  • e cando o verbo vai precedido por algúns indefinidos: algo, alguén, ninguén, ambos, bastante, calquera, todo, nada.   
  • Cando comeza o enunciado un elemento do predicado que habitualmente vai detrás do verbo, para focalizar a atención sobre el: Ganas me deron de marchar de alí.

Algúns adverbios e indefinidos esixen a anteposición do pronome. Máis doado que memorizar cales son os que esixen a proclise do pronome (é dicir, que vai diante do verbo) podes facer o seguinte razoamento: estas clases de palabras adoitan figurar no predicado despois do verbo; daquela, os enunciados nos que os adverbios ou os indefinidos van diante do verbo son enunciados enfáticos, polo que o pronome debe ir diante do verbo.

Mais, vaiamos por partes.

Esixen proclise os seguintes indefinidos:

–         Ninguén, nada e ningún (xa por seren negativos): Ninguén me axudou.

–         Algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo e todo. (Alguén nos avisará).

–         O problema está en que algúns indefinidos, como os da serie seguinte: algún, outro, un, os máis, os demais, moito, moi, pouco, tal, tanto, tan, máis, menos e demasiado, unhas veces esixen proclise, outras non e outras depende do contexto. Poñamos de novo un pouco de lóxica e será doado distiguires cando debe haber proclise ou enclise. Observa estas oracións: Algún día hasme dar a razón/ Algún che gustará, non é?

Observa que a primeira permite unha pequena pausa entre a frase que contén o indefinido (algún día) e o verbo, polo que -como na norma xeral- o pronome vai despois do verbo. Mais a segunda non permite esa pausa e conleva unha entoación enfática, polo que esixe a proclise.  Tamén son deste tipo: Tanto che me ten/

Demasiado o sabía ela / Tan honrado che é Xan coma Pericán.

Table of Contents