Ir ao contido Ir ao pé de páxina
  • Neo publicou unha actualización hai 9 meses, 3 semanas

    Sabías que o pergamiño Vindel debeuse ao azar?
    Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII.

    O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía xacando. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.

    A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.