Axudámoste
Diccionarios
Digalego
Con máis de 65 000 entradas, o Digalego é o dicionario máis completo da lingua propia de Galicia, que a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que elaborou esta obra ao longo de 20 anos de traballo.
Diccionario da RAG en liña
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Diccionario de pronuncia da lingua galega – USC
O Instituto da Lingua Galega ofrece un servizo en liña que nos facilita coñecer a pronuncia de palabras que forman parte do léxico común e tamén de nomes propios de persoas, apelidos e topónimos.