Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Xunta presenta o XIV Proxecto Didáctico Antonio Fraguas para impulsar o uso do galego nos centros educativos

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou este xoves na presentación da XIV edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, unha iniciativa impulsada pola fundación dedicada ao investigador e docente galego coa colaboración da Xunta de Galicia. O programa está orientado a fomentar entre a comunidade educativa o coñecemento da lingua galega e do patrimonio…

Ata 1.500 euros por estadía: o Instituto da Lingua Galega convoca axudas para atraer PDI de fóra de Galicia en 2026

O Instituto da Lingua Galega (ILG), adscrito á Universidade de Santiago de Compostela (USC), convocou para o ano 2026 dúas axudas destinadas á realización de estadías de investigación no seu centro por parte de Persoal Docente e Investigador (PDI) visitante pertencente a universidades ou institucións de educación superior situadas fóra de…

A RAG e o Concello de Pontevedra impulsan o primeiro mapa sociolingüístico escolar do municipio

A Real Academia Galega e o Concello de Pontevedra formalizaron este xoves un acordo de colaboración para a elaboración do Mapa sociolingüístico escolar do municipio, un instrumento que permitirá analizar en profundidade os usos lingüísticos no ámbito educativo. O documento foi rubricado no consistorio polo presidente da Academia, Henrique Monteagudo, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández…

A UDC mantén o galego como lingua administrativa preferente, pero na docencia apenas supera o 10%

A Universidade da Coruña (UDC) recoñece nos seus estatutos o galego como lingua de uso preferente na administración. Así o lembra Xesús Mosquera, responsable do Servizo de Normalización Lingüística, quen distingue con claridade entre os distintos ámbitos da vida universitaria: a administración, a docencia e a investigación, así como os tres grandes sectores da comunidade…

Aprender a lingua para formar parte do país: a experiencia de Miguel López del Pueyo, un médico rioxano no rural galego

O médico de familia Miguel López del Pueyo, nado en Logroño (A Rioxa), chegou a Galicia no verán de 2017. A súa mudanza estivo motivada por unha relación persoal: coñeceu unha muller galega, iniciou unha relación e decidiu establecerse no país. Desde entón desenvolve a súa actividade profesional como facultativo no Punto de Atención Continuada…

O galego na UVigo, entre a oportunidade e o momento crítico

A situación do galego na Universidade de Vigo presenta, como no resto de universidades galegas, luces e sombras, segundo a análise realizada por Beni Salgado, responsable da Área de Normalización Lingüística da institución. Sen achegar polo momento cifras pechadas, Salgado define o escenario como unha “botella medio chea”, cun marco normativo e administrativo favorábel, mais…