O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Un país coa súa lingua. Foro participativo', unha iniciativa que busca promover un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego en diferentes ámbitos da sociedade. O proceso incluirá sete mesas de traballo e culminará no outono de 2025 cun documento de propostas concretas para avanzar…
O Instituto Leonés de Cultura (ILC) anunciou a distribución de materiais educativos en galego en máis de 200 centros escolares da provincia de León, coa finalidade de achegar o alumnado a esta lingua tradicionalmente falada en zonas como o Bierzo Oeste. Os materiais foron presentados oficialmente en Villafranca del Bierzo, "lugar de gran simbolismo para…
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, afirmou que a cultura galega atravesa un momento de dinamismo e estabilidade, segundo os datos do informe 'A situación da cultura galega' do Consello da Cultura Galega. Durante unha entrevista, Lorenzo destacou sectores como o do libro e o audiovisual como exemplos de crecemento e recuperación tras a…
O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou o informe 'Competencias e usos das linguas cooficiais en España. O galego en perspectiva comparada', que destaca unha preocupante tendencia á baixa nas competencias lingüísticas en galego entre as xeracións máis novas de Galicia. Elaborado polo Observatorio da Cultura Galega (OCG), o estudo analiza a situación do galego…
O departamento de Cultura da Deputación da Coruña abriu este luns, 16 de decembro, o prazo de solicitudes durante un mes para a percepción de axudas establecidas en catro liñas e cun orzamento total de 2,15 millóns de euros. A cuantía será repartida entre entidades titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas, empresas do…
O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, volve ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Un ano máis, a unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa co obxectivo de poñer o foco nas…
Ata o día 5 de xaneiro, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela conta coa exposición 'Xaquín Marín. Humor líquido'. O compendio de obras do artista de banda deseñada, ademais de muralista ou pintor entre outras profesións, amosan máis de sesenta anos da súa traxectoria. Marín naceu no concello de Ferrol, en Fene, no…
Manuel Miragaia é o autor do primeiro libro escrito sobre a comarca fronteiriza entre as comunidades galega e asturiana. 'A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias' aborda, e reivindica, as diferentes sinerxias e intercambios nas fronteiras creadas polas comunidades entre Galicia e Asturias a moitos niveis: lingua, cultura, patrimonio... Galicia Confidencial realizou unha entrevista…