Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Pobra anima a usar a lingua nas redes co concurso Galeguizando TikTok

Tes máis de 13 anos e gústache facer contidos para Tiktok? Galeguizando Tiktok é o teu concurso. Ata o vindeiro 5 de agosto podes inscribirte para participar no certame impulsado polo equipo de normalización Lingüística do Concello da Pobra do Caramiñal.

Con esta segunda edición, A Pobra quere fomentar o uso do idioma nas novas tecnoloxías, facendo entrega de tres premios valorados en 100 euros cada un. O concurso conta con tres categorías, ao vídeo máis orixinal, ao máis divertido e ao máis creativo, e todos eles terán que ter como temática común o día da Patria Galega.

As persoas que se inscriban, recibirán un código de indentificación que deberán poñer na gravación, que cumplirá o formato da app TikTok, e as diferentes pezas poderán enviarse ao enderezo normalizacion.linguistica@apobra.gal ata o día 15 de agosto. As bases están dispoñibles na páxina web do concello. As creadoras Iria Portas Rodríguez e Alicia Miguéns Vila foron as galardoadas na primeira edición, quedando sen adxudicar o vídeo “máis orixinal.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.