Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A plataforma Queremos Galego denuncia que só o 0,09% dos orzamentos da Xunta se dedica á lingua

A plataforma Queremos Galego denunciou esta mañá que os orzamentos da Xunta para 2026 “confirman que o Goberno galego non ten intención de enfrontar a emerxencia lingüística”. O voceiro da entidade, Marcos Maceira, advertiu en rolda de prensa que “a ausencia de calquera referencia á lingua na lei de medidas fiscais que acompaña os orzamentos,…

Tres semanas para mudar hábitos: o ‘Modo galego, actívao’ consolídase como laboratorio de dinamización en Ames

O proxecto ‘Modo galego, actívao’ naceu hai catro anos da confluencia entre o Seminario de Sociolingüística da RAG, o Concello de Ames e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos. A súa premisa é clara, como resumiu Vázquez Grandío: “Quere ser un intento de transcender o diagnóstico e pasar á intervención”. Cada actividade concíbese,…

‘Toponimízate’ pecha a edición de 2025 en Val do Dubra con máis de cen concellos implicados na recolleita de nomes da terra

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á súa fin este xoves, 6 de novembro, no Auditorio Municipal de Val do Dubra, onde ás 20:30 horas terá lugar a derradeira charla do ciclo. A iniciativa, promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua, busca difundir…

O libro ‘Descubre Lugo’ terá unha edición en galego para promover o turismo descentralizado

A Xunta de Galicia editará en galego o libro Descubre Lugo, obra do investigador e divulgador José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou este venres o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na sede da Delegación Territorial. Arias cualificou o volume como “un minucioso traballo” e salientou “a acertada estrutura…

Esperanza Aguirre desata a polémica ao defender o uso da forma deturpada ‘Sangenjo’ en televisión

A expresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, converteuse nas últimas horas en protagonista dun momento televisivo que correu como a pólvora polas redes sociais. A polémica xurdiu no programa En boca de todos (Cuatro), cando defendeu con firmeza que ao municipio pontevedrés de Sanxenxo debe chamárselle Sangenjo en castelán. "Toda a vida se chamou…