Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Xunta aproba o novo Nomenclátor e oficializa cambios en concellos como A Caniza, O Riós e O Porto do Son

O Consello da Xunta aprobou este luns o novo Nomenclátor de Galicia 2026, unha revisión da listaxe oficial dos nomes de concellos, parroquias e lugares que supón a actualización máis ampla realizada desde a entrada en vigor do rexistro anterior, aprobado en 2003. A decisión ratifica a proposta presentada no mes de xullo pola Comisión…

‘Aquí tamén se fala’, premio da Cultura Galega 2025 pola súa aposta pola lingua dende as aulas e os barrios

O proxecto ‘Aquí tamén se fala’, impulsado por alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña, foi distinguido este xoves co Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Lingua, un recoñecemento ao seu labor de dinamización e promoción do galego entre a mocidade e no tecido social próximo. A campaña, que comezou como unha iniciativa…

“Tiven que ensinar o DNI para que me cresen que son de fóra”: unha vasca que converteu o galego na súa lingua diaria

Ana é de Zumaia, unha vila costeira de Euskadi próxima a Donostia, pero leva anos asentada en Santiago de Compostela, onde chegou para cursar Filoloxía Hispánica. Filla dun galego de Cangas, a súa relación co país comezou nos veráns, mais foi ao instalarse en Galicia cando decidiu facer do galego a súa lingua de uso…

Modelo Burela: buscando e poñendo en valor o idioma galego nos cemiterios do país

Desde o ano 2004, a intervención educativa Modelo Burela fixo un continuado traballo de campo co obxectivo de localizar os deseños e os epitafios máis significativos, especialmente aqueles que recollen a produción propia dos familiares ou fragmentos de obras clásicas da literatura. Posteriormente, durante cada mes de maio e con periodicidade anual, realízase unha visualización…

O Correlingua volve aos centros escolares

Obradoiros, regueifas, concertos... son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua. Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan…