Skip to content Skip to sidebar Skip to footer
Imaxe do Simposio ILG en 2021

O ILG profundará do 28 ao 30 de novembro nas dinámicas xeradas en contextos de contacto lingüístico

O simposio anual do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) desenvolverase do 28 ao 30 de novembro baixo o lema 'Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas'. O encontro abordará o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico. O prazo para formalizar…

Vinte persoas de oito procedencias aprenden galego en Valga para empregalo en situacións da vida diaria

Vinte persoas participan en Valga nun curso de iniciación á lingua e á cultura galegas que busca facilitar a integración sociocultural das persoas procedentes do exterior e proporcionarlles recursos para utilizar o idioma en situacións cotiás. A formación comezou en setembro e continuará ata finais de outubro cun total de 20 horas de clases no…

González Seoane propón un novo dicionario descritivo para documentar o galego que realmente se usa

O lingüista Ernesto González Seoane propón abrir unha nova etapa na lexicografía galega coa elaboración dun dicionario descritivo de nova planta que permita documentar coa maior amplitude posible o léxico realmente empregado polos falantes e complementar así a función normativa que actualmente desempeña o dicionario académico. A proposta foi formulada este 3 de outubro durante…

O Proxecto Nós leva a Bruxelas unha ferramenta para saber que IA funciona mellor en galego

O Proxecto Nós presentou este mércores no Parlamento Europeo Arena Nós, unha ferramenta en desenvolvemento coa que pretende avaliar ata que punto os grandes modelos de intelixencia artificial representan correctamente a lingua e a cultura galegas e comparar a súa capacidade para realizar tarefas en galego. A iniciativa foi presentada durante o encontro 'The role…

Nenos que chegan falando galego e cambian ao castelán: así se investiga a perda da lingua nas novas xeracións

Os mapas sociolingüísticos escolares da Real Academia Galega (RAG) están permitindo observar con detalle como cambia a lingua da infancia ao incorporarse ao sistema educativo, mesmo cando o galego está presente na familia e na propia escola. A iniciativa, impulsada polo Seminario de Sociolingüística, non naceu só co obxectivo de describir a realidade lingüística, senón…

Os Encontros para a Normalización analizan por que a música gañou espazo para o galego

Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística analizarán este ano o papel da música na creación de espazos de uso, identificación e difusión do galego. A xornada celebrarase o 20 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, baixo o lema Música, orgullo e identidade. O encontro, organizado polo…