Ana Isabel Novoa, neofalante: “Aos meus pais avergonzáballes o galego porque foi o que lles fixeron crer”

Ana Isabel Novoa López naceu en Venezuela pero creceu na Limia.

Comezou a falar en galego polo seu traballo e agora afirma que “pensa e sente en galego”.

Di que é importante falar galego “porque é parte da nosa cultura” e loitar contra o estigma como o que tiñan os seus pais, que crían que o galego “era inútil” e avergonzábanse del porque así llelo impuxeron naquela época.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: