Xa podes xogar ao Pensatermos, o novo xogo de palabras en galego

Formar unha palabra a través de sete letras, sendo sempre obrigatoria unha delas. Nisto consiste o Pensatermos, un xogo que A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou en marzo, e que estará dispoñible a partir do 4 de maio.

Así o anunciou na súas redes a Mesa, cunha mensaxe que anuncia o día no que o Pensatermos estará dispoñible. “Fostes moitas as persoas que vos puxestes en contacto coa Mesa preguntando cando estaría de novo dispoñíbel. Chegou o día.”, publicaban nun chío de Twitter.

A aplicación chega nun momento de auxe dos xogos de palabras na rede, como é o caso do Wordle, deseñado polo The New York Times e que xa conta con versións en moitos idiomas, entre eles o galego.

No caso do Pensatermos, inspírase no Pauralògic, unha idea de Jordi Palau desenvolta por Pere Orga para RodaMots. O xogo agora ten versión en galego, tras a petición á Mesa da súa adaptación e da cesión por parte dos seus creadores para poder levala a cabo. A mecánica do xogo é moi sinxela, e a partir do mércorees 4 de maio os usuarios poderán sumar diariamente 18 puntos se conseguen crear novas palabras a partir das letras propostas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: