Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Uy por Dios… me podría hablar en castellano”

A conta de Instagram instagalego denunciou o tratamento xudicial que recibiu un home por falar galego mentras explica o seu caso. Unha denuncia que foi compartida pola Mesa de Normalización Lingüística. Esta institución lembra que na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza do ano 2019 só un 0,04% dos asuntos tramitados procederon á revisión lingüística en galego.

No vídeo pode escoitarse como un home, que comeza a explicar o seu caso en galego, ten que mudar de língua tras dicir supostamente a maxistrada: “Uy por Dios… me podría hablar en castellano”.

 

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.