Unha facultativa do centro médico de Bueu négase a emitir un certificado en galego

Un veciño de Burela acudía o pasa 1 de agosto á consulta médica co obxectivo de solicitar un informe médico. A súa sorpresa foi a resposta da facultativa ao negarse a emitilo en galego. Así o publicou Nós Diario, despois de que o afectado se puxese en contacto co medio.

“Estás cortando a miña liberdade como médica” e “ti sabes que aquí hai dúas linguas, non?” foron as respostas que recibiu o paciente despois de solicitar que o informe, que debía entregar na súa empresa, fose en galego. A facultativa quería saber se era a empresa quen pedía que a lingua empregada fose o galego. “Non, son eu quen quere que estea redactado en galego, que non é tanto pedir”, contestou o afectado, segundo a súa versión.

Aínda que o veciño de Bueu conseguiu o informe na lingua que pedía, denuncia o cuestionamento constante da facultativa, quen argumentaba que hai xente que descoñece o galego ou que ela mesma só o usa vagamente con xente maior. “Case tiven que saír agradecido porque me fixera o favor de redactar unha liña de informe en galego”, lamenta o paciente, criticando o “bilingüismo harmónico defendido” pola Xunta, ante unha realidade que el considera totalmente oposta.

“Se lle solicitase o informe, xa non en inglés ou en francés, senón en español, esa outra lingua que tamén hai aquí, atoparíame coa mesma alocución que tiven que aguantar tan só por facer uso dos meus dereitos lingüísticos? Poño a man no lume a que non”, reflexiona o veciño de Bueu. Máis información en Nós Diario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará