Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Todas as ferramentas para empregar o galego na rede á túa man

Podes usar Microsoft Office en galego, ao igual redes sociais como Twitter ou Facebook e ter o galego presente alá onde esteas. Se ter algunha dúbida, poderás descargar de forma doada o Dicionario da Real Academia Galega cun só “click” ou acudir ao dicionario de castelán-galego de Rinoceronte Editora. E todo isto de maneira sinxela!

Así o queren demostrar dende PuntoGal, que creou unha guía que recolle as principais ferramentas ofimáticas en galego para poder utilizar a lingua na rede e no teu ordenador. A través de guías gráficas, o portal recompila máis dunha ducia de ferramentas, explicando a súa función e engadindo infografías de como instalalas ou manexalas paso a paso.

A guía acepta máis suxestións, que se poden enviar ao enderezo info@dominio.gal. Ata o de agora, teñen cabida diferente tipoloxía de recursos, dende axuda para a configuración dos navegadores e redes sociais en galego, así como a instalación de programas de axuda como dicionarios ou simplemente ferramentas que teñen a súa versión na nosa lingua, ás veces unha posibilidade que resulta descoñecida.

i.gal, unha ferramenta para personalizar ligazóns e facer un seguimento das mesmas ou velaqui.gal, que facilita o intercambio de arquivos e imaxes de maneira online son algúns exemplos que oferta a guía. Todos eles dispoñen dunha páxina informativa con imaxes explicativas, para que o galego estea ao alcance de todos os usuarios.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.