Shannon, de EE.UU.: “O galego forma parte da cultura de Galicia”
Shannon T. Emery é dos Estados Unidos e leva catro anos vivindo en Galicia.
Hai un ano e medio decidiu dar o paso e aprender a falar en galego porque lle gustaba moito e porque quería integrarse máis na cultura.
“O galego é parte da cultura de Galicia e para min era moi importante” porque, explica, “no meu país a xente está perdendo as súas raíces e aquí a xente aposta polo galego”.