Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Sen palabras”… a resposta das redes á agresión a unha muller por falar galego

O pasado 21 de marzo deuse a coñecer a denuncia dunha muller en Lugo dunha agresión por falar galego. Un home no local hosteleiro no que se atopaba recriminoulle o uso da lingua galega e acabou agredéndoa. A policía chegaría ás cinco e cuarto da mañá ao lugar para atender á denunica da muller.

Á súa chegada, a muller indicoulles que estaba cunha amiga nun bar da zona falando en galego. Nese momento, achegóuse un home que comezou a recriminarlle por utilizar este idioma, colleuna fortemente polos brazos e ameazouna, ademais de sacarlle unha foto co seu teléfono móbil, segundo recolle Europa Press. O home foi identificado esa mesma noite.

https://twitter.com/Mariaw12367010/status/1506054259795795978

As redes sociais non tardaron en facerse eco da terrorífica noticia. Dende Orgullo Galego en Twittwe destacaron que isto pase aínda no 2022. Houbo usuarios que escribiron estar sen palabras ou que sentían vergoña. Dende A Mesa lembraron que tramitan, de forma gratuíta, todo tipo de queixas que teña relación coa vulneración dos teus dereitos lingüísticos, incluídos os casos de agresións físicas, a través de teléfono, da súa aplicación ou de correo electrónico.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.