Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Saúl Vérez, neofalante: “Non debería disgregarse á xente por falar en galego”

Saúl Vérez, experto en márketing dixital e amante do tenis, naceu nas Pontes de García Rodríguez, pero chegou a Lugo con 17 anos.

Decidiu dar o paso e mudar de lingua cando comezou a ter conciencia de onde estaba e a onde pertencía: Galicia. Así, empezou a falar galego no seu día a día.

Defende que, independentemente da ideoloxía que as persoas teñen, non debería disgregarse á poboación en partidos políticos segundo falen en galego ou non. É dicir, o galego debería ser algo de calquera galego, sexa do PP ou do BNG.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.