‘Sangenjo’… como algúns medios seguen deturpando a toponimia galega

O famoso locutor de esRadio, Jiménez Losantos, fará un especial dende Sanxenxo, á que se referiu coa toponimia ‘Sangenjo‘ que é totalmente inexistente. Varias plataformas e actores públicos xa denunciaron este feito polo patrocinio,e polo tanto apoio económico, que leva da Xunta de Galicia.

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a participación da Xunta na promoción do programa radiofónico de Jiménez Losantos. Díaz alerta de que este nome figura xunto co logotipo oficial do Xacobeo 21-22 Galicia.

Explica que a toponimia é definida e protexida “como parte do noso patrimonio cultural inmaterial“, de acordo coa “extensa e indiscutible literatura normativa“, dende a Lei de Normalización Lingüística e os decretos que a desenvolveron, o Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, a Lei estatal de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de 2015, ou a Lei de Patrimonio cultural de Galicia de 2016.

Ademais, a polémica tamén se trasladou a Twitter xa que varios usuarios non entenden porque “a Xunta utiliza cartos públicos para financiar a un señor habitual nos ataques contra o galego e que cuspe contra a nosa toponimia“, como sinalou Orgullo Galego. Máis información en Galicia Confidencial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: