Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Sabes que os avós dos avós dos nosos avós tiñan fermosas cancións de Reis?

Galicia ten unha rica tradición de panxoliñas de Nadal e cantigas de Reises. Grupos de mozos saían polas rúas das aldeas a cantar panxoliñas o 24 e 31 de Nadal e tamén na tarde do día 5, previa á noite de Reis. Esta era unha tradición moi arraigada en todo o país durante o Nadal. O grupo de mozas e mozos cantaban diante das casas e agardaban despois a recibir un aguinaldo que era en forma de doces (uvas e figos pasos) ou noces e castañas ou tamén en forma de diñeiro.

Aquí un exemplo do rico folclore de cantes de reises de Galicia. Toda a reportaxe no portal Historia de Galicia.

Cantar de reis en Santa Comba

As tradicións do día de Reis en Pedrafita do Cebreiro

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.