Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Rodri Míguez: “Se falas galego ou eres do BNG ou eres paleto do rural”

Rodri Míguez é un xornalista musical, 24 anos, de Redondela. Deu o paso e mudar de lingua por convicción política hai case dous anos, antes da pandemia, tras pasar dous anos en Madrid e decatarse, tras voltar a Galicia, que non sabía falar a súa propia lingua.

“Cando cheguei non tiña capacidade para facer un traballo da universidade en galego e tiven que cambiar o chip. Tiven a sorte de ter un grupo de amigas que me axudaron moito”, sinala nesta entrevista na que recoñece que na súa familia todos falaban castelán e, a pesar do “brusco cambio”, ao final “adaptáronse perfectamente”.

O galego é a nosa cultura e estamos desaproveitando oportunidades para facelo forte“, di ao tempo que anima a “falar e consumir contido en galego” porque no país, di, “fanse cousas moi boas no noso idioma”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.