Queres escoitar a Rianxeira na voz de mozas de Costa de Marfil?

Un coro de Costa de Marfil cantando unha muiñeira. Este é o vídeo que está sorprendendo aos usuarios polas redes. O pasado 7 de marzo, @OrgulloGalegoGz compartía nas súas redes sociais dito vídeo, afirmando que ata en Costa de Marfil se pode escoitar galego.

Na gravación, 10 marfilesas entonan A Rianxeira acompañadas do son das cunchas, nunha sala que aplaude entusiasmada a actuación. O vídeo foi enviado por Claudio López ao perfil @OrgulloGalegoGz. Como explica López, trátase dun acto de benvida dun intercambio académico, e foi unha mestra do seu máster quen gravou a actuación no país de África Occidental.

O vídeo foi compartido por máis usuarios, que recibiron sorprendidos que se escoite cantar galego máis alá das fronteiras de Galicia. “Que fermoso cantan e que ben pronuncian” ou “A marca Galicia sabémola levar polo mundo” son algunhas das respostas que tivo a publicación na rede.

 

Este artigo está redactado por persoas neofalantes. Se atopaches algún erro, por favor avísanos seleccionando a frase ou palabra en cuestión e preme as teclas Ctrl+Entrar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: