Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Queres coñecer a orixe e a historia dos nomes da Coruña, Arteixo ou Oleiros?

Asociación Sociopedagóxica Galega, co apoio da Xunta e ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo, impulsa unha serie de documentais que difundirá feitos e historias que orixinaron algúns dos topónimos de Galicia. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación destes documentais, co título ‘Os nomes da nosa terra’.

Barcia de Mera, en Pontevedra, A Coruña, Arteixo, Oleiros, Marzoa e o Monte Pindo son os respectivos protagonistas de cada unha dos seis capítulos desta serie conducida polo xornalista Fran Cañotas. O obxectivo deste proxecto é transmitir ás persoas o interese pola orixe dalgúns dos máis de dous millóns de topónimos da xeografía galega.

RIQUEZA DE TOPONIMIA

“Galicia ten unha riqueza toponímica excepcional que fai falta difundir e coidar”, resaltou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. “A pesar de ocupar só un 6% do territorio do Estado, contén sobre un terzo das entidades de poboación de España e iso só respecto da toponimia maior, pois a cifra crece ata os máis de 2 millóns de topónimos cando incluímos a coñecida como microtoponimia, que pervive fundamentalmente na memoria do pobo“, sinalou. Toda a información no Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.