Que pasará coa presenza das linguas cooficiais no Congreso?

Unha proposta de Unidas Podemos, ERC, Bildu, Compromís, Junts, PDeCAT, PNV, BNG, Más País e CUP pedía permitir as linguas cooficiais na Cámara dos Deputados, unha iniciativa que o PSOE está disposto a rexeitar. Coa firma de Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios, propúxose unha reforma para poder realizar intervencións en euskera, catalán e galego, coa presenza dun tradutor.

A proposta será debatida e votada este martes, a primeira sesión plenaria despois das eleccións en Andalucía. Para que esta reforma se leve a cabo, o voto do PSOE é clave, pois PP, Vox e Ciudadanos son contrarios á presenza destes idiomas no Congreso dos Deputados. Pola súa banda, dende o PSOE alegan que o castelán é o único idioma recoñecido en todo o estado, polo que descarta o uso das linguas oficiais. Admiten, pola contra, o uso das tres linguas en todos os debates e trámites no Senado, por ser este unha Cámara de representación territorial.

Collendo o exemplo da Cámara Alta, Unidas Podemos e os seus socios propuxeron a modificación do artigo 6 do Regulamento do Congreso para establecer o dereito a facer intervencións en calquera das linguais oficiais do Estado. De igual maneira, tamén propoñen que os diferentes escritos sexan aceptados nestas linguas.

Outra das propostas por parte de Unidas Podemos é garantir os servizos de tradución simultánea das iniciativas propostas, ademais de que estas, de seren elaboradas en galego, catalán ou euskera, deben ser publicadas no BOE no idioma orixinal e en castelán. Máis información en Galicia Confidencial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará