Que hai detrás do Benidorm Fest?… Por que o xurado non quere unha canción en galego e “sen fronteiras”

Esta edición do Benidorm Fest estará marcado pola palabra #tongo. Unha palabra que se fixo viral e mesmo foi trending topic nas dúas ocasións nas que participaron as Tanxugueiras. As ‘diferenzas’ entre o criterio do público e o do xurado volveron evidenciar que un suposto xurado de cinco “profesionais” teñen máis poder que millóns de persoas. Por iso, as redes ferveron e puxeron a pingar a RTVE. A razón: todo apuntaba que a disputa por representar ao Estado no festival estaba entre as Tanxugueiras e Rigoberta Bandini, as grandes favoritas, pero finalmente gañou Chanel con ‘SloMo’.

Unha vitoria moi polémica tras coñecerse que, detrás da cantante cubana, hai un produtor americano de Chicago que traballou con Madonna ou Black Eyed Peas e tamén o  compositor da última canción que representou ao Estado español no certame. Tampouco deixou indiferente a ningún usuario que a coreografa Myriam Benedited, integrante do xurado do ‘Benidorm Fest’, traballara en varias ocasións con Chanel.

As pandeireteiras galegas obtiveron a máxima puntuación do televoto e o voto demoscópico. Eran as grandes favoritas do público, non só no territorio galego senón tamén no estatal e internacional. Pero o xurado, outorgándolles 30 puntos, eliminou matematicamente a posibilidade de que representaran a España en Eurovisión e visibilizaran así, por primeira, as linguas co-oficiais do Estado no festival.

 

#Tongo repetiu como trendic topic na final do ‘Benidorm Fest’. As pandeireteiras quedaron fóra da competición malia seren as favoritas. Non representarán ao Estado no festival pero conseguiron o seu obxectivo:  trasladar a mensaxe de que a lingua galega non ten fronteiras e visibilizar ás mulleres anónimas “que sen saber ler nin escribir” fixeron cultura.

Toda a info no Galicia Confidencial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará