Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Que é iso do “galegoleonés”?

Lugo Xornal recolle unha opinión do activista galego-berciano Xabier Lago Mestre sobre a presión do “leonesismo” sobre a identidade galega desta comarca. “Os leonesismos político e cultural sempre trataron de atacar a lingua galega, como foránea á realidade cultural do Bierzo. Fronte a ela, propoñen os chamados dialectos leoneses, confusas falas concretadas no berciano, cabreirés, pachuezo, etc. Por iso, se hai que recoñecer o galego no Bierzo, para eles será mellor a denominación galegoleonés. A antropóloga Concha Casado Lobato defendía a variedade galegoleonesa, que non debería ser alterada pola normativización galegueira. Esta mestura de linguas veciñas responde a unha ideoloxía política e cultural fomentada desde máis aló dos porto de Foncebadón”, escribe. “Un dos problemas do leonesismo político é O Bierzo. A única Comarca xurídica recoñecida, tanto polas Cortes rexionais coma polas Cortes estatais, mediante Lei orgánica. Territorio estremeiro que desexa máis descentralización fronte a Castela e León. Ademais, O Bierzo ten falantes galegos que reclamamos o recoñecemento de dereitos lingüísticos, individuais e colectivos. En fin, dúas cuestiois de difícil solución para os políticos de León e Castela, que non entenden ou non queren asimilar a pluralidade territorial e cultural. Hai unha estratexia política clarexa, profundar no uniformismo social para controlar mellor aos cidadáns”, engade. Toda a súa opinión en Lugo Xornal.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.