Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Premiada a gastronomía en galego

Orixe Gastronomía Galega foi premiada este luns foi premiado coa Distinción Manuel Beiras polo seu uso innovador do galego en medios online e offline. O restaurante, cun ADN distintamente galego e unha filosofía que se caracteriza pola posta en valor do produto galego, é un dos espazos onde podemos atopar unha harmonía perfecta entre modernidade e tradición.

“Para converterse nun estandarte do galego en redes sociais non basta con usalo en RRSS. Esta denominación require un esforzo extra por dar visibilidade a contido nesta lingua, a portavoces do galego ou as historias detrás da tradición galega que, en moitos casos, van estreitamente ligadas a esta lingua”, sinalan desde esta empresa.

Unha das iniciativas máis destacables realizadas por Orixe foi a posta en marcha de “As Sobremesas en Orixe“, unha serie de pezas audiovisuais onde diferentes personalidades da cultura galega xuntábanse tras desfrutar dunha comida a charlar sobre múltiples temas, tendo o galego como liña argumental das pezas. A busca de novos formatos e contidos que atraian un novo público son clave á hora de lograr un impacto real e beneficioso para o galego no medio online.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.