Practica o galego entre café e café en Vigo

Os faladoiros son espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral. Un lugar de aprendizaxe conxunta onde se perfecciona ou se inicia no uso do galego. Os Faladoiros de Vigo levan bastante tempo promovendo o uso da lingua nunha cidade que destaca pola baixa porcentaxe de galegofalantes.

En marzo puideron organizar un día á semana estes faladoiros presenciais no Café Uf. En abril a situación mellora xa que confirman no seu Facebook que cada primeiro martes de cada mes a partir do 5 de abril estarán nese café situado na Rúa Pracer número 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: