Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Piden usar o galego no Congreso dos Deputados

Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios do Goberno, incluíndo a Esquerra, o PNV, Bildu, BNG ou Más País, rexistraron no Congreso unha proposta de reforma do regulamento do Congreso para permitir intervencións en linguas cooficiais na sesión plenaria, coa correspondente tradución simultánea.

Ademais, o texto expón que poidan formular escritos en ditas linguas, recoñecidas estatutariamente, e a despregar servizos de tradución en castelán, tanto das iniciativas e intervencións orais que realicen os parlamentarios. Para iso, planifican que a entrada en vigor se aprazaría ao seguinte período de sesións ao da aprobación da proposta.

A proposición está rubricada polo grupo confederal, ERC, Bildu, Compromís, Junts, PDeCat, PNV, BNG, Más País e a CUP, que demandan promocionar o uso destas linguas cooficiais, que a propia Constitución estipula para elas un “especial respecto e protección”.

Os citados grupos parlamentarios indican que os respectivos estatutos de autonomía reforzan o status destas linguas, cuxo uso xa é normal e habitual en institucións e parlamentos autonómicos bilingües. Por tanto, ínstase o Congreso a continuar “a senda” iniciada en diversas modificacións regulamentarias no Senado, onde o emprego destas linguas distintas ao castelán introduciuse “na vida parlamentaria da Cámara Alta”. Toda a información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.