“INFORMACIÓN Estamos traballando moito para garantizar que o evento se faga aínda mellor do que se fixo na anterior eliminatoria. A información chegará pronto sobre como obter as entradas. Sempre priorizando aos socios/as. Non se están facendo ningún tipo de reservas“.
Este tuit “inofensivo” do Club Deportivo Arenteiro está xerando unha onda irracional de odio noutros lugares do Estado simplemente por estar escrito en galego. Este club, antigo Club Deportivo O Carballiño, xoga na Segunda División RFEF, chamada oficialmente Campionato Nacional de Liga de Segunda División B, que é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol masculino de España.
E como é posible que un club humilde como o CD Arenteiro sexa agora a diana de ataques polo simple feito de utilizar o galego, o idioma oficial de Galicia?. A razón é que acaba de vencer ao Almería na Copa do Rei e enfrontarase este martes, 22 de novembro, ao Atlático de Madrid na Copa do Rei de España.
Tras colgar ese tuit informativo, a conta oficial do clube comezou a recibir insultos como “sois españoles, hablar español”, “paletos de pueblo perdido”, “gente cerrada” o “el gallego no existe”. Outros usuarios da popular rede lembran que o galego é oficial en Galicia, pero iso semalla non importante a algúns ultras.
Podes ver o cúmulo de sandeces insultos seguindo este fío: