Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Sergas concentra as principais queixas dos galegofalantes

As queixas por vulneración de dereitos lingüísticos no uso do galego duplicáronse en 2021 respecto ao ano anterior, segundo A Mesa pola Normalización Lingüística, que presentou, na sede da Deputación da Coruña, os resultados do informe correspondente ao seu servizo ‘A Liña do Galego’. Trátase dun servizo que ofrece A Mesa para atender consultas sobre dereitos lingüísticos e a través do que se tramitan tamén queixas cara a institucións ou empresas que vulneren os mesmos.

Segundo recolle o citado informe, a entidade tramitou a través de chamadas, correos electrónicos e da app de ‘A Liña do Galego’ un total de 601 expedientes, dos que 488 foron queixas, 55 consultas e 58 felicitacións. O ano anterior, foron 350 expedientes, deles 219 queixas e 20 consultas.

As administracións públicas e, principalmente o Sergas, acumulan o maior número de queixas tramitadas pola Mesa. Celia Armas precisou que “a maior parte son corrixidas polas institucións e empresas privadas”, aínda que sostivo que o número tramitado “evidencia que non só A Liña é unha ferramenta exitosa senón que cada vez é máis necesaria“. Toda a información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.