Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Premio Novela Europea, na sección de lingua galega, xa ten finalistas

Suso de Toro, Inma López Silva e Xesús Fraga son os autores que optan ao Premio Novela Europea na modalidade de Novela traducida a outra lingua europea dentro da sección de idioma galego.

O Casino de Santiago acolleu un acto no que se deron a coñecer aos finalistas da categoría, que está dividida en dúas seccións: as obras finalistas en lingua galega e as novelas publicadas noutros idiomas oficiais do Estado, como o castelán catalán ou éuscaro. Na presentación, enmarcada dentro das actividades do Día das Letras Galegas, un dos promotores do Premio Novela Europea, Ubaldo Rueda, agradeceu a implicación da Administración autonómica para poder levar a cabo o certame.

O libro da filla”, publicado por Galaxia, é a obra de Inma López Silva que opta ao premio, e que afonda nas relacións familiares e sociais a partir dunha investigación xornalística sobre a agresión sexual dun pai a unha filla.
Suso de Toro tamén está entre os finalistas con “Un señor elegante”, publicado por Xerais. A novela recupera a historia da familia Baltar, unha saga cirurxiáns da cidade compostelá. A terceira obra seleccionada éVirtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga. O escritor, que recibiu con esta obra o Premio Nacional de Narrativa no pasado ano, retrata a emigración galega dende as diferentes perspectivas: os que marchan, os que quedan, e os que se moven entre os dous mundos. Máis información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.