O pianista James Rhodes e o seu amor por Galicia e o galego: “Acabo de facer dúas entrevistas en galego”

O pianista e escritor James Rhodes sorprendeu nas redes sociais cunha mensaxe en galego. “Teño un resfriado terrible e estou drogado con frenadol e acabo de facer dúas entrevistas en galego”, publicaba o artista na súa conta de Twitter, unha mensaxe moi cotiá que moitos galegos recibiron con alegría.

Porén, non é descoñecido o apego que ten James Rhodes a Galicia. O artista non só ten amigos en Galicia, como o actor Tamar Novas, se non que tamén gusta da paisaxe e da gastronomía. Da mesma maneira, tampouco é descoñecido, despois de que o afirmase repetidas veces, do seu amor pola lingua galega. 

Foi no 2018 cando Rhodes publicou o seu primeiro chío en galego, no que recalcaba que lle gusta estar en Galicia. “Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre”, explicaba no 2018. Dende entón, esporadicamente, comparte mensaxes na nosa lingua.

O pasado 2 de febreiro, Rhodes publicaba unha mensaxe que recibiu unha boa acollida entre a comunidade galega. No chío expoñía os seus plans de futuro no país. “Un día vou ter unha casiña á beira do mar en Galicia”, explicaba, “tomarei un ou dous anos sabáticos e pasarei catro horas ao día aprendendo galego. E prepárate para cando me mude alí para xubilarme”.

Non sei como o falas, pero escribir en galego non se che dá nada mal” ou “Parabéns por empregar o galego e facelo tan ben!” son algunhas das mensaxes que recibe o pianista cada vez que emprega a nosa lingua.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: