Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O homeaxeado Florencio Delgado Gurriarán chegará aos concellos galegos da man de FalaRedes2022

Máis de 40 sesións de oito actividades variadas é o que ofrece a XI edición de FalaRedes 2022, un programa da Rede de Dinamización Lingüística. Este ano, o FalaRedes2022 céntrase na figura do homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán.

Entre as actividades, destaca a representación da obra Tras os vieiros de Florencio, que amosa a traxectoria e a obra do autor de Valdeorras. Trátase da primeira actividade de FalaRedes, pero non da única obra teatral. Karelu, da compañía Os Náufragos, tratará o tema da educación na familia e a violencia, mentres que (Algunhas) cousas de Castelao, demostrará o traballo que naceu da fusión do actor Fran Rei e a asociación Avante.

Súmanse a esta programación a proposta musical de Xabier Díaz Levantar e caer. Arrolos e abrentes, disco do artista dedicado aos pais e nais que transmiten o galego aos seus fillos. No eido da música, tamén haberá espazo para os máis cativos co grupo de música infantil O Vivarei, que representará A miña lingua, a túa lingua, e o reflexo, da man de Javier Ozores, traerá por primeira vez ópera ao FalaRedes a partir de textos de Emilia Pardo Bazán.

No eido da literatura, o escritor Carlos Caneiro combinará música e escritura  para lembrar a Carlos Casares, e Contos, cantos e pedraviva levará estas actividades a espazos patrimoniais significativos.

A programación presentouse o pasado 26 de abril, acto no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou o obxectivo de ditas actividades, “reforzar a oferta de ocio no noso idioma”. Na presentación tamén participou, entre outros, o actor Inacio Vilariño, caracterizado como o autor valdeorrés homenaxeado. Máis información e O Portal da Lingua Galega.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.