Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O “galenglish”, entre os favoritos para obtar ao Benidorm Fest

Despois do éxito da Tanxugueiras, co tema Terra, no pasado Benidorm Fest, o galego podería ter representación de novo. Entre nomes como La Casa Azul, Ana Mena ou Lola Índigo atópase a coruñesa Hydn, en cuxa proposta musical galego e inglés van collidos da man.

A artista é unha das artistas que optan a estar na final do Benidorm Fest, pois o seu tema Drowing Fire está entre as 12 cancións da Final da Elección Interna 2023 de Eurovisión-Spain. De 100 candidaturas, entre as que había multitude de estilos e artistas, Hydn conseguiu pasar á final, levando con ela o “galenglish”, unha mestura de idiomas que sorprendeu a máis dun eurofan.  Durante días, Hydn estivo no top 12, segundo as sondaxes realizadas por Eurovisón-Spain, compartindo lugar con artistas de recoñecemento mundial como Aitana e Rosalía.

“Estou flipando co apoio que me estades dando na sondaxe do Eurovisión spain”, manifestaba nas súas redes sociais, deixando entrever que está preparando un tema para o Benidorm Fest, no caso de saír elixida para participar en dito festival.

@iamhydn_

FLIPANDO co voso apoio ❤️ Hoxe hai dobre eliminatoria, así que recordade seguir votándome #eurovision #benidormfest #fyp #parati #viral #tiktokespaña

♬ sonido original – hydn

A artista defínese como a “Galenglish qween”, e con esta mestura de idiomas quere levar o galego a quen incluso non coñece da súa existencia. Mostra diso é o tema co que acadou a final da Elección Interna, onde alterna versos en galego e en inglés, chegando a usar os dous idiomas na mesma oración, como se pode ver con “Maybe I adore a forma de afogar”. Hydn é neofalante, e a súa aposta polo galego naceu ao decatarse que non había música na lingua feita para ela.

As persoas rexistradas en Eurovisión Spain antes de 24 de xullo, así como os socios do Clube-S poderán votar pola artista a través da páxina oficial da plataforma Eurovision-Spain ata o vindeiro 14 de agosto.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.