Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Galegote Rock levará música en galego aos bares pontevedreses

Pontevedra acolle a décima edición do festival Galegote Rock, que este ano se celebrará os dúas 28, 29 e 30 de abril. A música en galego encherá as rúas pontevedresas nesta nova edición, que vén de presentar cartel. En total, celebraranse 12 concertos que se poderán gozar en espazos ao aire libre, bares e salas de Pontevedra.

Artistas como a banda Ruxe Ruxe, Eladio y los Seres Queridos ou Os Silvetres ofrecerán música en galego a última semana de abril. Completan a programación outros grupos e artistas como Higw Paw, Copa turbo, Moucho, Kris K DJ, Zeltia Irevire, Grampoder e Berto. Destaca tamén a participación de Xeración Sónica, que representa o futuro da música en galego, pois trátase dun proxecto musical da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra no que aprticipan rapazas e rapaces de 13 a 16 anos.

A aposta pola música en galego é o espírito deste festival, que pretende dar a coñecer intérpretes e grupos de música non só da provincia, senón de toda galicia. O GalegoteRock é un proxecto promovido pola Concellaría de Normalización do Concello de Pontevedra, que cada ano leva música en galego a locais, prazas, rúas e xardíns da cidade.

 

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.