O galego chega á Times Square da man das Tanxugueiras
Se hai lugar emblemático en Nova York ese é Times Square, unha praza pola que pasan miles de persoas. E a imaxe das Tanxugueiras apareceu o pasado 21 de xullo na famosa praza á vista de milleiros de viandantes. Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro coroaron un dos rótulos máis famosos do mundo, da man da plataforma de música Spotify.
A uns días de publicar o seu próximo disco, Diluvio, que verá a luz o vindeiro 29 de xullo, a súa portada xa se podía ver nun gran cartel luminoso que promove a escoita de música composta por mulleres. A iniciativa #SpotifyEqual leva á pantalla compositoras, artistas e cantantes mulleres, e as Tanxungueiras demostraron que non só rompen fronteiras idiomáticas, senón tamén de xénero.
“Non hai fronteiras!! A unha semana da saída do noso novo disco DILUVIO, pódese ver esta imaxe en Times Square”, compartían as artistas na súa conta de Twitter. As tres galegas mostraron o seu agradecemento a Spotify por outorgarlles “visibilidade neste espacio tan emblemático”. “Desde Galicia hasta Times Square en Nueva York. El camino de @tanxugueiras, nuestras embajadoras #SpotifyEQUAL de julio, está siendo 😍”, compartían, pola súa banda, dende Spotyfy España.
Non hai fronteiras!! A unha semana da saída do noso novo disco🌧DILUVIO🌧, pódese ver esta imaxe en Times Square. 🥲🫶🏻
Grazas a @spotify #EQUAL💚por darnos esta visibilidade neste espacio tan emblemático. @CalaveritaRcrds @PlayPlan_ @Ingrooves ❤️📀🛒https://t.co/RIp05Utl8v pic.twitter.com/OHPbuEKlJa
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) July 21, 2022
Os seus seguidores tamén mostraron o seu abraio e celebraron con elas a aparición na gran mazá neoiorquina. “As @tanxugueiras en Times Square Cantando en Galego, levando a todos lados a tradición galega”, compartía o usuario @jorgedelgado11, mentres que dende @OrgulloGalegoGZ comentaban: “Esta semana en Times Square…para que serve o galego, dicían”
Esta semana en Times Square…para que serve o galego, dicían 😍😍 #Tanxugueiras pic.twitter.com/hVKtOhYgaO
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) July 24, 2022
O seu terceiro disco chegará as tendas e plataformas dixitais o vindeiro venres 29, e aínda que xa se coñecen algúns temas como Seghadoras, Desidia e Pano Corado, que foron publicando nas últimas semanas, xa se coñecen o nome das cancións que o completarán. Treboada, Arica, Sorora, Fame de Odio e Acougo serán os temas que conformarán Diluvio, ao que se soman algúns dos máis coñecidos, como Midas, Figa, Averno e Terra, coa que se presentaron ao Benidorm Fest.