Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O filme en galego “Nación” dá o salto a Filmin

O filme dirixido pola cineasta, xornalista e catedrática da USC, Margarida Ledo, Nación, xa se poderá ver a través dunhas das plataformas dixitais máis importantes, Filmin. A partir do día 4 de febreiro Nación estará disponible na plataforma creada en España, segundo indica a produtora.

A película, que foi distinguida polo Ministerio de Cultura e Deportes polo seu fomento da igualdade de xénero, conseguiu estar catro semanas consecutivas nas carteleiras dos nosas salas. Ademais, este filme de non ficción tamén tivo éxito nos festivais nos que foi presentado, chegando a recibir o premio a mellor dirección no Festival de Sevilla ou a mellor documental nos Mestre Mateo.

Como engade Nós Diario, Filmin é unha das plataformas dixitais que máis están apostando polos filmes en galego. En xullo de 2021 incorporou Reboiras. Acción e corazón, do director Alberte Mera, e xa tiña no seu catálogo obras como Trinta Lumes, de Diana Toucedo, Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron, ou Dhogs, de Andrés Goteira. Máis información en: Nós Diario.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.