Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O “dialecto” galego, un idioma “para otra época del año” segundo o PP de Baiona

A actuación de Quico Cadaval no marco da programación cultural de Baiona, mais non polo monólogo en si, se non polo uso do galego. O PP de Baiona considerou unha “falta de respecto” que o espectáculo fose en galego, tendo en conta que este se estaba a facer ante un público entre o que se atopaban castelán falantes. Foi a concelleira de Cultura quen recibiu as críticas por parte do grupo popular, por “decidir que se hiciese en gallego y no en castellano”.

O obxectivo de facelo en castelán era o de “permitir que los asistentes, una gran mayoría residentes de segunda vivienda en nuestra localidad procedentes de diferentes puntos de España, pudiesen entenderlo y no se sintiesen discriminados. Tanto la presentación de la actuación, que realizó la propia titular de Cultura, como el monólogo, fueron en gallego”.

No comunicado do PP de Baiona recalcaron o “carácter acogedor de esta villa”, facendo referencia aos turistas que se achegan á vila, e que por iso “entienden que en otra época del año sí se pueda optar por nuestro idioma”. Ademais, tamén se referiron ao galego como un “dialecto”, ante o que pediron desculpas na súas redes sociais, desta vez cunha mensaxe en galego: “Dende o PP de Baiona pedimos desculpas polo grave erro cometido con respecto á nosa lingua. Como sabedes, unha das premisas do noso partido é a difusión, protección e posta en valor da lingua galega, e así o seguirá sendo”.

As críticas nas redes sociais ao acontecido foron abundantes, recibindo o PP comentarios incluso por parte deses turistas na vila: “Fuimos de los asistentes al evento de Quico Cadabal, somos de Madrid, nos encantó el espectáculo, nos encantó que fuese en galego, lo entendimos perfectamente, lo lamentable es que los propios galegos renieguen de a súa lingua, que llamen dialecto a una de las lenguas oficiales del estado”, comentaba un usuario en Facebook. Máis información en Xornal de Vigo.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.