Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Correlingua volve aos centros escolares

Obradoiros, regueifas, concertos… son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua.

Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan organizando estas actividades, a pesar de non poder retomar as carreiras dos cativos polas cidades, como se facía nos anos anteriores á pandemia. O Correlingua está recuperando o seu formato inicial presencial, mais algunhas das súas celebracións aínda serán en formato online, a través de Youtube.

Ás actividades do mes de maio poderán gozarse en Santiago, Carballo, Narón, Pontevedra, A Estrada, Vigo, Tomiño e Cangas. As provincias de Ourense e Pontevedra, porén, terán que esperar ata setembro e outubro. Será o Auditorio Gustavo Freire de Lugo o que acollerá o acto final. Nestas localidades, as festas celebraranse en prazas, auditorios ou teatros. O grupo Mekánik Rolling Band, gañador do concurso Cantalingua, será quen amenice estas celebracións, acompañado dos finalistas do mesmo certame Paco Nogueiras e Pauliñas.

Na presentación do Correlingua, a vicepresidenta da Deputación de Lugo destacou “a vitalidade arredor da lingua no mundo do ensino” que demostra o Correlingua. Pola súa banda, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, criticou que esta actividade “non pode ser ignorada todos os anos pola institución que xustamente ten as competencias educativas, como fai a Xunta de Galicia ao non apoiar ao Correlingua”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.