O Celta únese aos clubes que non aman o galego e relega o idioma a unha conta secundaria en Tuiter
O Real Club Celta de Vigo é o único equipo de Galicia na máxima categoría do fútbol español. Isto podería ser unha porta para expandir a cultura galega máis aló das nosas fronteiras. Mais, polo menos vía Tuiter non vai ser así. A conta oficial do equipo celeste pasará a ser completamente en castelán, marxinando a lingua galega a unha conta secundaria.
Ata este ano 2022, o Real Club Celta de Vigo combinaba nas súas redes sociais oficiais o galego e o castelán. Mais dende hai un tempo, só o facía en castelán. As protestas non tardaron en chegar a través das redes sociais, pero a solución non pasou por voltar á fórmula anterior, senón a relegar ao galego a un conta secundaria, @RCCeltaGL.
A conta oficial en castelán (sempre estivo en galego) e agora polas presións crean unha secundaria en galego para que los galleguiños se callen.
Queremos a conta oficial en galego! https://t.co/VF1HzKRFtL
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) February 1, 2022
O Celta únese así ao Pontevedra e ao Ferrol como os equipos galegos que discriman o galego e priorizan o uso do castelán. Este movemento foi calificado polos aficionados como “vergoñento”, “penoso” ou “falta de respeto”. Ademais, moitos deles anunciaron que deixaron de seguir a conta “principal” para non apoiar este cambio de política por parte do clube olívico.
Por non utilizar o galego na conta oficial facedes isto.
Debería ser o revés,creade unha conta en castelán carallo,que parece que os galegofalantes somos afeccionados de segunda
Que che aproveiten os seguidores latinoamericanos,que parece que son máis inportantes ca nosVergoña
— Guti_21✯ (@MateosxG1) February 1, 2022
E logo falan de que temos sorte de que o dono do Celta sexa galego de Vigo porque cando veñan os chineses….😱
Un chinés no Espanyol que ten a conta principal en catalán. Un venezolano no Coruña que ten a conta en galego.
Cousas veredes deste "vigués". Arraigo, dicía. A cona!!— A Boa Celeste© (@Dijochoeu) February 2, 2022
Pobreza .!!!!!!
Será no twitter, o facebook está en galego.