O Bierzo mima a lingua galega cun certame literario

Ata o 17 de maio ás persoas que o desexen poderán participar no VII Certame Literario en Galego. Trátase dunha iniciativa promovida polo Centro Galicia del Bierzo para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano recorda ao valdeorrés Florencio Delgado.

O concurso ten como temática deste ano o Camiño de Santiago e a celebración do Xacobeo 2022, e conta co apoio do Instituto Leonés de Cultura e da Xunta de Galicia.

O certame establece tres categorías, infantil, xuvenil e adulta. Para os máis cativos, o concurso engade este ano un formato que promove a creación dun dicionario visual que reúna vocabulario e ilustracións, que reflictan as características do galego falado tradicionalmente no Bierzo. As bases completas poden atoparse na web do Centro Galicia de Ponferrada. Máis información en La Nueva Crónica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: