Novas axudas para promocionar o galego no espazo local

Xunta abriu unha nova convocatoria de subvencións para promover o uso do galego no ámbito local, para o que se destinan 350.000 euros para gastos realizados entre o de xaneiro e o 15 de outubro de 2022. En concreto, as axudas buscan fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para a creación de novos como para manter ou reforzar os xa existentes.

Ademais, tamén van dirixidos á promoción da planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local. Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a convocatoria marca como ámbitos estratéxicos de actuación para a promoción do galego desde o tecido local o deporte, a mocidade, o TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres.

Así mesmo, informou que esta nova convocatoria outórgalle un incremento do 30% na puntuación final ás solicitudes presentadas de forma conxunta por varias entidades locais e requírese tramitación electrónica.

Estas axudas enmárcanse nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Xunta, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará