Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Nos últimos 20 anos desapareceron un 25% dos galegofalantes da Barbanza

O último barómetro da Sondaxe mostrou como o uso do galego, especialmente nos eidos profesionais e académicos diminuíu considerablemente. O castelán está aínda gañándolle terreo ao galego a pesares do fenómeno Tanxugueiras ou da ampliación do catálogo galego en Netflix.

Non é novo que o entorno da beira norte da ría de Arousa e os concellos de Muros-Noia concentran unha das maiores porcentaxes de galegofalantes da comunidade. Segundo os datos recompilados por Sondaxe, na zona de Barbanza e Muros-Noia, un 57,9 % da poboación emprega exclusivamente a lingua de Rosalía, o que converte a bisbarra no territorio con maior número de persoas que falan unicamente no idioma autóctono.

Aínda que parezan boas novas, hai que ter en conta que no ano 2011, segundo cifras do IGE, os habitantes de Barbanza que utilizaban unicamente o galego supuñan o 67,3 % do total, case dez puntos máis que na actualidade, mentres que no 2001 esa porcentaxe elevábase ata o 81,7 %, practicamente un 24 % máis que na última enquisa de Sondaxe. Máis información en La Voz de Galicia.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.