Nazaret Méndez: “Cambiei ao galego porque non me daba máis estatus, nin era máis popular”

Nazaret Méndez, 38 anos, é mestra, de Lugo.  Nesta entrevista lembra que decidiu dar o gran paso a falar galego no instituto, aínda que de nena xo falaba na casa. “No meu caso deuse unha situación de diglosia porque pensaba que o castelán tiña máis estatus que o galego”, lembra.

Por iso, volveu ao galego porque o castelán non lle “daba máis estatus, nin era máis popular nas relacións, nin acadaba obxectivos que non puidera acadar co galego”.

O galego forma parte da nosa identidade. Xa o dicía Manuel María que Galiza somos nós, a xente e a nosa fala”, insiste. Di que son importantes os referentes, como Tanxugueiras, e que debe potenciarse o uso do galego nas escolas e nas administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará