Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Nace 13 Editora, a primeira editorial en galego especializada en activismo

Activismo, mobilización social e pensamento crítico en galego terán un novo espazo, a 13 Editora. Estas temáticas poderán atoparse en galego  grazas á Editora 13, nada ao abeiro de ECOAR))) – Espazo de (Contra)discurso, construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social- e que se presentará o vindeiro 14 de maio.

O nacemento desta nova editorial supón a creación dun lugar para textos centrados no “activismo e nos procesos de construción de contrapoder”. As súas publicacións centraranse en manuais e ensaios, académicos e divulgativos, relacionados con ditas temáticas, como a organización colectiva.

13 Editora é un proxecto autoxestionado que busca ofrecer material de diverso tipo para propiciar a construción dun “tecido social proactivo e analítico”. A través de títulos de diferentes autores e partes do mundo, a editorial quere ofrecer material para mellorar o funcionamento das accións de persoas e organizacións.

A presentación da editorial terá lugar no Espacio Simia, en Vigo, ás 20.00h, presentación que tivo que adiarse por mor da pandemia da Covid-19, pero que aproveita as Letras Galegas 2022 para anunciar a súa saída. Máis información en A nova Peneira

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.