María Canosa, AELG e o proxecto Brazolinda álzanse cos Premios Rosalía de Castro

A Deputación da Coruña, a través dos XIII Premios de Lingua Rosalía de Castro de Lingua, vén de recoñecer o traballo da escritora María Canosa, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e do proxecto Brazolinda. O xurado, presidido pola delegada especial para Políticas de Igualdade e Normalización da Deputación da Coruña, outorgou os premios que recoñecen a labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico.

María Canosa resultou gañadora na categoría de persoas, un premio que o xurado outorgou pola “súa firme aposta pola lingua galega e a súa dilatada traxectoria”, mentres que na categoría de entidades quixeron recoñecer a labor da AELG polo sei “compromiso co sector literario galego nos seus diferentes xéneros, fomentando o uso e a defensa pública da lingua”. Pola súa banda, tamén destacaron o proxecto Brazolinda, na categoría de iniciativas, pola súa promoción da normalización lingüística dirixida á infancia. Este último, trátase dun proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego.

O técnico de normalización lingüística do Concello de Culleredo, Alexandre Marín, e dous dos gañadores da pasada edición, Carlos García, promotor de Twitter en Galego, e Carmen Denébola Álvarez, presidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, completaban o xurado. Con esta, xa é o decimoterceiro ano que a Deputación da Coruña recoñece e premia a promoción do galego. Máis información en Coruña Online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará