Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Maio falando galenglish: “Eu de maior quero ser o Keeper do Camiño”

Lea ( 12), Xio (8) e Maio (4) son os tres nenos, fillos de Miguel González Szamocki (Bristol, 1980) e María López Álvarez (Boal, 1982). Creceron nunha contorna bilingüe na que o seu pai fálaslle en inglés e a súa nai en galego, aínda que todos entenden os dous idiomas sen problema, ademais do castelán que falan cos avós maternos.

Nin Miguel, nin María son galegos, pero quixeron educar aos seus fillos en galego. El é inglés, fillo dun coruñés que emigrou a Londres e ela, asturiana. Pero elixiron Galicia para vivir e criar aos seus fillos

A familia de Miguel é moi internacional. Os seus avós maternos son polacos e holandeses, e os paternos, galegos, con quen empezou a pasar os seus veráns desde que tiña 14 anos, para obrigarse a aprender español porque o seu pai non llelo falaba. Por iso, e para evitar o que lle pasou a el, quere que os seus fillos sexan bilingües e trilingües e teñan un amplo coñecemento de varios idiomas.

Aos dous máis vellos xa distinguen perfectamente entre galego e inglés, pero ao pequeno aínda lle custa. Por iso, ás veces tira de “galenglish”. A súa historia completa en La Voz de Galicia.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.